¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.
Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.
Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamánte-las noites que orballa.
¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.
De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1994): Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa. (Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de publicacións)
Laura Alonso
Bo traballo!
ResponderEliminarmarabillosa interpretación
ResponderEliminarEste poema reflicte perfectamente a corrente franciscana, xa que se mergulla completamente na paisaxe para fixarse nas floriñas dos toxos. Gústame o poema porque me sinto identificada coa idea de Noriega de alabar as cousas pequenas e infravaloradas
ResponderEliminar