No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconía
camiñaban na alas do vento,
_ _ _ i o lamento
_ _ _ repetía:
"Vou morrer e non ven ó meu ben!"
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"Quen pudera dar volta _pensaba_,
quen pudera convosco voar!..."
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
_ _ _ sólo os ventos
_ _ _ repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
_ _ _ unha cova
_ _ _ nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
Curros Enríquez, Manuel (1992): Poesía galega completa. (Vigo: Ed. Galaxia)
Rosa Cedrón e Cristina Pato (2010)
Uxía (2008)
Maite Dono (2001)
Los Tamara (1991) Voz, Pucho Boedo.
Este blog gústanos moito. Por eso tedes un agasallo no noso blog
ResponderEliminarDeixamos un agasallo para vos no noso blog. Podedes pasar a recollelo:-)
ResponderEliminarsaúdos desde Malpica
http://bemilladoiro.blogspot.com
Moitas grazas á bibliotecadocole do CEIP de Quintela (Moaña) e á biblioteca.milladoiro.malpica do CEIP Milladoiro de Malpica, polos seus cariñosos regalos e por mostrarnos nos seus "andeis".
ResponderEliminarese poema gustoume pois expresa moitos sentimentos
ResponderEliminar