Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente
ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan
e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa morte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme
morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alento
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos.
Pereiro, Lois (1995). Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (Santiago de Compostela: Edicións Positivas)
Fanny + Alexander (1994)
Recital de Lois Pereiro no pub Moka:
ResponderEliminarhttp://tinyurl.com/6zyvmzw
Sen dúbida medramos cos vosos comentarios. Grazas
ResponderEliminarQUE BONITO! GRANDE LABOR A VOSA
ResponderEliminar