Polos teus ollos quen pasóu, amiga. Álvaro Cunqueiro

Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.

Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.

Cunqueiro, Álvaro (1980) Cantiga nova que se chama riveira in Obra en Galego Completa I (Vigo: Ed. Galaxia)

Versión de Rodrigo Romaní (2000) nova pestana ou xanela
Miguel Alonso

7 comentários:

  1. A canción de Miguel Alonso, "Nos teus ollos", complétase cos versos do poema que ocupa o número 18 en Cantiga nova que se chama riveira:

    Adolescencia de aramios
    quixo ter.

    Mollóu os ollos na risa
    pra ben ver.

    Adolescente de aramios
    foi ruar.

    Volveu co sono perdido
    e un mirar.

    Mirar de luar.
    Por el chorar!

    Cunqueiro, Álvaro (1980) Cantiga nova que se chama riveira in Obra en Galego Completa I (Vigo: Ed. Galaxia)

    Este tema está recollido no libro con Cd Once máis 15, publicado por Edicións Do Cumio e producido polo propio Miguel Alonso. Once poetas e quince grupos que sen dúbida darán moito que escoitar.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo25/11/09

    boísima a paxina é xenial escoitar tantos poemas fermosos en cancións

    ademais serviume para lembrar as obras dalgúns poetas

    felicidades!

    GALIZA CEIVE

    ResponderEliminar
  3. Anónimo21/2/11

    GRAZAS POR FACERES ESTE BLOG TAN FERMOSO!! É XENIAL ATOPAR COUSAS ASI NA REDE!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a vós polos vosos comentarios e ánimos.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo26/12/11

    que sitio màis fermoso, cousas así seguen dando ánimo nesta noite escura.

    ResponderEliminar
  6. Fermosa a versión de Miguel Alonso. Este ano estou descubrindo recunchos novos do blog ao ter que dar a literatura do XX, e estou encantada!

    Grazas polo esforzo que facedes dende esta xaneliña, xa que os nosos ouvidos nos permiten voar a mundos máxicos e fuxir da realidade actual que, por veces, non deixa de ser tamén fantástica polo incrible dalgunhas cousas.

    Bicos grandes.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo14/1/18

    grazas, pero que moitas grazas por poñer esta cancion, grazas a ela xa teño noiva.
    bicos

    ResponderEliminar