9 de novembro de 2009:
50 anos da morte de Ramón Cabanillas
50 anos da morte de Ramón Cabanillas
A Luís Porteiro
¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito
a libre nova vida!
Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”
Ramón Cabanillas (1979): Obras completas, I (Madrid: Akal Editor)
Cristina Fernández
Juan Pardo
Sempre en pé nos estaremos
ResponderEliminarA nosa bandeira ondeará
E os irmáns, asoballados
endexamais... os haberá
Sempre seremos galegos.
ResponderEliminarque bonito!!! o noso himno ;)
ResponderEliminaresta ben por mor de que nos defende a toda costra
ResponderEliminarSiii digamos que somos GALEGOOOS!!!
ResponderEliminarGran poema da man de Ramón Cabanillas, o cal dota dunha gran potencia expresiva á par que un gran componente reivindicativo.
ResponderEliminarEmociónome cada vez que leo o poema
ResponderEliminar