Cando penso que te fuches. Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

Rosalía de Castro (1993) Follas Novas (Vigo: Galaxia)

Taru e os Paxaros Coiro (2010)
Amancio Prada (2005)
Luz Casal e Carlos Núñez (2004)
Astarot (2000)
Coro Cántigas da Terra nova pestana ou xanela



(texto da primeira edición)

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m' asombras,
Ô pe d' os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' ês ida
N'o mesmo sol te m' amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d' o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m' abandonarás nunca,
Sombra que sempre m' asombras.

Rosalía de Castro (1982) Follas novas, edición facsímil da primeira (A Coruña: Gráficas do Castro/Moret)

10 comentários:

  1. Anónimo26/1/09

    poema moi profundo,...

    ResponderEliminar
  2. Xoán,

    O poema é un dos meus favoritos :). Moitas felicidades polo blogue: é magnífico. As cantigas escollidas son fermósisimas e non me canso de escoitalas. Unha aperta dende Oslo.

    ResponderEliminar
  3. Queremos agradecer a inciativa de Sempre en Galiza que puxo na rede a versión do coro Cántigas da terra gravada nun vinilo (Regal SEDL 19.270) do ano 1961. Garzas.

    ResponderEliminar
  4. Miguel, encantados pola sintonía.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo12/5/09

    A verdade é que agradécese ter un repertorio tan grande de música da terra a nosa disposición. Non sei se istes agradacementos pagan o traballo que hai detrás do bloque pero seguro que axuda un pouco a seguir traballando nel.
    Ánimo e a seguir facéndoo igual de ben. Saúdos moi cordiais dende Guinea.
    (non se poden escoitar tódo-los días que se non entra a nostalxia moi pronto :)

    ResponderEliminar
  6. Anónimo25/5/09

    SEMPRE ME GUSTOU MOITO ROSALÍA DE CASTRO PERO ADEMAIS LER O POEMA COA MÚSICA DE FONDO DE LUZ CASAL PONME OS PELOS DE PUNTA. UN SAÚDO.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo23/3/10

    A MIN GUSTAME A VERSION QUE FIXERON OS TAMARA http://listengo.com/n.php?c=8u685520443
    AQUI VOS DEIXO A LIGAZON PARA ESCOITALA.

    ResponderEliminar
  8. Grazas polas visitas e pola suxestión.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo25/3/11

    Magnífico traballo e magnífico blog, mais botei en falta a versión do grupo Astarot.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo, recollemos a túa suxestión e incorporamos a versión do grupo Astarot. Grazas.

    ResponderEliminar