Amor apresurado. Francisco Añón


9 de outubro de 2012: Bicentenario do nacemento de Francisco Añón

Miráchesme, miréiche, nos miramos;
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos;
N'os nosos ollos nosa imaxen vimos:
Ti n'os meus, eu n'os teus nos retratamos,

Desde entonces d'amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
Decote n'o camiño tropezamos.

Xa que d'o corazón libres dispomos,
Ós páxaros d'os bosques imitemos,
Que os niños fan entre ramaxe e gomos;

Nosa doce ventura apresuremos,
Que a vida é curta e responsables somos
D'o tempo tan precioso que perdemos.

Añón Paz, Francisco, Poesías Galegas, A Coruña, Publicacións da Real Academia Galega, 1966.

Versión de Suso Vaamonde

Sem comentários:

Enviar um comentário