Cando ti volvas... Valentín Paz-Andrade
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare...
Paz Andrade, Valentín (1955). Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires)
2naFronteira (2012)
En
Grazas a Carmen Penim por este fermoso adianto do novo disco do dúo 2naFronteira que incluirá o poema de Valentín Paz-Andrade "Cando ti volvas" do poemario Pranto matricial (1955). O poemario está dedicado á memoria de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, morto poucos anos antes no exilio en Buenos Aires.
ResponderEliminarMagnífica versión!!!
ResponderEliminarme encanta!
ResponderEliminarte relajaaa
Poderiades poñer tamén a versión de Manoele?é algo máis curta pero gúatame moito.
ResponderEliminar