Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!
...............................
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adiós Virxe da Asunción,
branca com'un serafín:
lévovos no corasón;
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos. (Vigo: A Nosa Terra)
Amancio Prada En
Luís Emilio Batallán
Venho aqui ler e reler poemas com alguma frequência. Julgo ser uma das grandes tarefas da poesia, acordar em nós os sentidos e o prazer pelo autêntico.
ResponderEliminarVezes demais guardo só para mim emoções e pensamentos que deveria transmitir-vos.
Grata, hoje apeteceu-me dizer isto.
Pilar
Obrigados Pilar, polas túas visitas e polos teus comentarios.
ResponderEliminarEncántame esta poesía de Rosalía de Castro pero tamén a música. Esta poesía fai que os sentimentos gardados do amor pola nosa terra, no meu caso, un pobo de Alacante, salgan de dentro.
ResponderEliminarUn saúdo e parabén polo blog.
Esta moi ben esta páxina posto que non encontrei outra igual...;
ResponderEliminarFalta a versión de Pucho Boedo.
ResponderEliminaresto estubo muy bien me ha encantado
ResponderEliminarÉ unha canción mooi sentimental, despertaxe a persoiña q tes dentro :)
ResponderEliminarÉ unha canción moi fermosa, pero tamén moi triste, porque trata do amor que lle temos cada unha a persoa que queremos, pola terra.....
ResponderEliminarUn saudo moi grande
a canción e bonita pero a vez moi triste pero igualmente e moi fermosa
ResponderEliminarEncántame a poesía de Rosalia de Castro e esta música está moi ben para este poema tan bonito
ResponderEliminarSD
Encantame este poema porque expresa os sentimentos exactos do autor.
ResponderEliminarEste é o perfecto poema para as persoas que verdadeiramente queren a sua terra.
ResponderEliminarparecenos moi sentimntal
ResponderEliminarÉ moi bonito este poema porque expresa uns sentimentos que calquera podería sentir ao deixar a súa terra; eu se me fose tamén botaria moitísimo de menos a miña terra.
ResponderEliminarEste é o perfecto poema para as persoas que realmente queren a súa terra,e lles entristece deixalas atras.
ResponderEliminarta moi ben por ke di o k sinte pola a sua terra e a ama e dalle moita pena deixala.e sempre a tera no seu corazon e describe toda a sua terra
ResponderEliminaramin este poema nn e moi bo para min pork nn expresa exactamente os sentimentos do autor so di adeus, adeus tiña k dicir cousas mais fermosas e nn tan funebres
ResponderEliminarO poema está ben porque espresa os sentimentos do autor e a cancion é moi sentimental.
ResponderEliminarParecenos moi sentimental e a vez moi triste peo está bastante bn XD XD
ResponderEliminarGracias
EliminarA poesía de Rosalía de Castro está moi ben. Expresa os seus sentimentos pola súa terra, e a canción expresa a tristura que sinte ao abandonar a súa terra :)
ResponderEliminarEstá e moi ben e gustoume moito por q me gusta moito Rosali de Castro e tamen é algo triste.
ResponderEliminarÉ unha canción e un poema moi tristes e expresan os sentimentos e desexos dun emigrante, a tristeza de abandonar os seus. É un orgullo que tempo atrás tivésemos poetisas e poetas desta envergadura :)
ResponderEliminarÉ un dos mellores poemas que lin na miña vida.
ResponderEliminarBicos Rosalía.