"...
polvo serán, mas polvo enamorado"
Francisco de Quevedo
Poisque todo o que arde devén cinsa,
ardamos máis aínda pese á morte
e sexa a cinsa cinsa namorada
e escura primavera dende o fume.
Tal vez a eternidade non exista
para os que miden a rota da prudencia,
para os que coutan a dimensión do bico,
para os que marcan o ritmo do latexo.
Sexa loucura, o berro, a gargallada.
Sexa o abraio, sexa o terror da noite.
Sexa a morte, xa que é precio da vida.
Sexa a cinsa, xa que é herdo do lume.
1989
Marica Campo (1992). Tras as portas do rostro. (A Coruña: Bahía Edicións)
Tino Baz
Precioso
ResponderEliminar