María Soliña. Celso Emilio Ferreiro

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

Celso Emilio Ferreiro (1978) Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

María do Ceo (2008)
Luar Na Lubre (2007)
Carlos Núñez con Teresa Salgueiro (1999)
Los Tamara (1987)
Benedicto (1976)
Amancio Prada (1974)
Xavier del Valle (1968)

4 comentários:

  1. Fermoso poema e fermosa canción é unha das que me encanta escoitar.

    Un agarimoso saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo4/4/11

    Amei esse blog,bjos

    ResponderEliminar
  3. Falta engadir a fermosa versión de Carlos Núñez cantada por Teresa Salgueiro. Nela, a tristeza está moi ben conseguida.
    Parabéns por esta lograda páxina.

    ResponderEliminar
  4. El ave peregrina, Lisane, obrigados. Carlos, grazas pola suxestión, unha fermosa voz a de Teresa Salgueiro e unha fermosa versión.

    ResponderEliminar