Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Obra completa, I (Madrid: Akal editor)
María do Ceo (2008)
Luar Na Lubre (2007)
Carlos Núñez con Teresa Salgueiro (1999)
Los Tamara (1987)
Benedicto (1976)
Amancio Prada (1974)
Xavier del Valle (1968)
María Soliña. Celso Emilio Ferreiro
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentarios:
Fermoso poema e fermosa canción é unha das que me encanta escoitar.
Un agarimoso saúdo.
Amei esse blog,bjos
Falta engadir a fermosa versión de Carlos Núñez cantada por Teresa Salgueiro. Nela, a tristeza está moi ben conseguida.
Parabéns por esta lograda páxina.
El ave peregrina, Lisane, obrigados. Carlos, grazas pola suxestión, unha fermosa voz a de Teresa Salgueiro e unha fermosa versión.
Déixanos o teu comentario