a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Obra completa, I (Madrid: Akal editor)
María do Ceo
(2008)Luar Na Lubre
(2007)Carlos Núñez
con Teresa Salgueiro
(1999)Los Tamara
(1987)Benedicto
(1976)Amancio Prada
(1974)Xavier del Valle
(1968)
Fermoso poema e fermosa canción é unha das que me encanta escoitar.
ResponderEliminarUn agarimoso saúdo.
Amei esse blog,bjos
ResponderEliminarFalta engadir a fermosa versión de Carlos Núñez cantada por Teresa Salgueiro. Nela, a tristeza está moi ben conseguida.
ResponderEliminarParabéns por esta lograda páxina.
El ave peregrina, Lisane, obrigados. Carlos, grazas pola suxestión, unha fermosa voz a de Teresa Salgueiro e unha fermosa versión.
ResponderEliminar