Vai polo monte o camiño. Uxío Novoneyra

VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.

Eu non sein pra onde vai
méntral' o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando...

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Suso Vaamonde (1997)

3 comentários:

  1. Fermoso este poema de Uxío Novoneyra. Eu engadolle:

    Tódolos camiños cruzan
    mentres nós imos arando...
    o senlleiro do destino
    que aló arriba, esta esperando.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Descubrín hoxe este blog, nun día no que me facía falla algo así...

    Grazas e adiante!

    ResponderEliminar
  3. Amara12/5/12

    Gran idea a deste blog! Está ben ter a nosa literatura musicada!

    Gracias e a seguir así!

    ResponderEliminar