Ondas do mar de Vigo. Martin Codax

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?

CODAX, Martín, Martín Codax. Cantigas. Vigo, Editorial Galaxia, 1998.

Grupo de Música Antigua Martín Códax Voz solista: Ana Sánchez.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Nunca escoitei unha versión mais fermosa na interpretación desta cantiga. Grazas Ana.

Anónimo dixo...

É posíbel descargar a cántiga en formato mp3 ou calquera outro?
Un saúdo moitas grazas por manter este espazo
Nasa

Anónimo dixo...

Efectivamente, podes descargar o arquivo de audio de varias maneiras. Propoñémosche dúas: 1. Subscríbete a Son de poetas (Subcríbete>por correo), recibirás un correo cada vez que se publique algo novo. Ao final do texto verás o seguinte: "This posting includes an audio/video/photo media file: Download Now", clica en "Descargar agora" co botón dereito do rato e escolle "Gardar ligazón como..." e poderás descargar o audio no teu equipo.

2. Subscríbete (no menú)>RSS>Na páxina de FeedBuner verás os textos publicados e a continuación o enderezo do audio>Clica sobre el co botón dereito e escolle "Gardar ligazón como..." e xa poderás descargar o audio.

Cóntanos como che foi, grazas.

Anónimo dixo...

ola me llamo antia y me gusta esta musica
teka

autor@s dixo...

Ángeles, Antía: Grazas polas vosas visitas e polos vosos comentarios.

doresedublog dixo...

Ola: paréceme excelente a vosa páxina, mais a pesar de subscribrirme a Son de Poetas non son capaz de baixar a música dos textos que me interesan. Agradeceríavos unha axudiña para os que non temos moita maña nas novas tecnoloxías. Graciñas e parabens pola páxina. Dores

Anónimo dixo...

ESTA MUSICA ES LO MAS

Voz en off dixo...

Qué linda!

Déixanos o teu comentario