Canción pra cando se escoita falar castrapo. Manuel María

Ollade esa antroidada: son galegos,
xente do pobo, sinxela e moi normal.
Olládeos, como un fato de borregos,
falando o seu castrapo "tipical".

Esprésanse nunha estrana xerigonza,
van falando un idioma que non hai.
E sinten fondo reparo, gran vergonza,
en falar, como é debido, a fala nai.

Ollade ós moi paletos e cretinos
ladrando o seu castrapo por aí,
intentando ser lidos, cultos, finos
imitando ós "castizos" de Madrí.

Eles, probes, non poden ser culpados
polo seu idioma, tristeiro i anormal.
A culpa é de quen di: "Sede educados,
que falar galego está moi mal..."

Manuel María (2001) Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)

Milladoiro

2 comentarios:

Unknown dixo...

gaLegO sempre...jajaja

Pedro Alberto Padín Solla dixo...

Un pobo que se avergonza do que fala e non defende ou síntese orgulloso de quen é,non é pobo, nin persoa é cobarde e miserento. hai daqueles que renegan de miles e mileiros anos de linguaxe, serán eles que desaparezan do corazón de futuras xeracións.
Sempre Galiza, sempre galego.

Déixanos o teu comentario