Esta antoloxía...



Esta antoloxía da poesía galega musicada é un proxecto dos grupos de lingua galega e literatura e do Equipo de Normalización do IES David Buján de Cambre, A Coruña. Ti, lector ou lectora, tamén podes participar deixando a túa opinión sobre o que aquí vexas ou escoites. Podes, tamén, subscribirte utilizando o teu lector RSS habitual.
A nosa única intención é aproximarnos á poesía galega desde a música. Trátase, polo tanto, dun material de aula ou para despois da aula.

25 comentarios:

Rosa Salgueiro dixo...

Excelente iniciativa e excelente selección. Non coñecía a versión de Chachauí, un poema que me encanta. Procurarei enviar algunha suxestión e incluireivos nas ligazóns de literatura da miña web cando as teña rematadas. Parabéns.

Pilar dixo...

Paréceme interesante e moi útil este traballo porque moitas veces sabemos que existe este tipo de material pero nos resulta difícil a súa localización.
Por se lles pode interesar. Atopei no Album de Mulleres de culturagalega.org, na páxina dedicada a Pilar Castillo Sánchez a peza Maruxiña, unha muiñeira composta por Pilar Castillo para voz e piano que musica o poema de Pondal do mesmo título e que segundo consta alí é anterior a 1935.
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=63
Parabéns de novo polo blog.

autor@s dixo...

Rosa, Pilar, grazas pola vosa visita e polas vosas suxestións.

bescariz dixo...

Parabéns pola iniciativa.Penso que nos vai a ser de moita axuda para traballar os poemas na escola.Cheguei a vós a través do Planeta ENDL,o que ratifica a miña idea de que se están a producir materiais moi interesantes que só necesitan que se fagan públicos para que todos os valoremos como se merecen.
Por certo,algúns destes poemas teñen versión vídeo,non poden entrar dentro do voso proxecto?
Belén Escariz,desde ENDL do ceip quintela,en Moaña.

olgar.diaz dixo...

Noraboa. Esto, TAMÉN se botaba en falta. Eu, como Belén, cheguei a vós a traves do Planeta de ENL. Virtudes da comunicación virtual, que boa falta nos vai facer!
Enlázovos no blog de NL do noso centro agora mesmiño.
Mª Olga Rguez. Díaz. Responsable da Biblioteca Escolar do Ceip. Milladoiro de Malpica

autor@s dixo...

Moitas grazas ao equipo de normalización lingüística do Colexio de Quintela-Moaña e á biblioteca do Ceip. Milladoiro de Malpica polos seus comentarios e pola ligazón desde as súas páxinas. A idea de incluír vídeo no blogue é moi suxestiva, máis adiante veremos de facelo. Saúdos.

Anxo dixo...

Parabéns por este blog tan interesante. Saúdos desde Pontevedra de que goza da música e da poesía.

Unha lagoa de libros dixo...

Noraboa por este magnífico material que poñedes ao dispor de todos os amantes da poesía.
Seguro que nos vén moi ben para as clases de literatura.
Acabo de incorporarvos ás ligazóns do noso blog: unhalagoadelibros.
Saúdos desde Ourense.

autor@s dixo...

Grazas a Anxo e a Unha lagoa de libros pola súa visita e polos seus comentarios.

Maria dixo...

Gosto imenso deste trabalho: obrigada e parabéns.
Hai tempo, cheguei aqui, navegando; nom lembro onde encontrei a referência. Tenho, claro, umha ligaçom no blogue da Biblioteca Olhos Grandes.
Só ontem soubem da autoria desta página e alegrei-me mais ainda.
Força!

autor@s dixo...

Olá Maria, grazas polo teu comentario. Seguimos con moito interese os teus escritos no magnífico blogue da Biblioteca Ollos Grandes.
Saúdos

Anónimo dixo...

Hoxe mesmo acabo de descubrirvos, qué gusto, é magnífico, teño escoitado ós meus alumnos recitar de memoria moitos destes poemas.Parabéns e adiante...desde Lugo sempre en galego.

Anónimo dixo...

Por casualidade encontrei este blog, e estou disfrutando moito, moitos recordos...
Dende Madrid, moitas grazas por tan fermosa mostra.

Ies Val do Tea dixo...

Parabéns por esta útil e fermosa iniciativa. Por certo, botei en falta a versión de Cristina Pato para En'O sagrado en Vigo, de Martín Codax.
O dito, parabéns e grazas por facernos gozar.

autor@s dixo...

Grazas ao nosos visitantes anónimos desde Lugo ou desde Madrid. E tamén grazas a IES Val do Tea polo comentario e mais pola suxestión, terémola en conta.

Anónimo dixo...

Xa hai tempo que coñezo este interesantísimo blog, pero ata hoxe non me animei a animarvos, permítaseme o xogo de palabras, a que continuedes nesta liña. No IES Fontexería de Muros imos intentar crear este curso unha paxina web na que desde logo teredes un lugar preferencial como páxina recomendada.
Unha aperta e grazas polo voso traballo.

Anónimo dixo...

parabéns por esta iniciativa. É marabilloso descubrir proxectos tan importantes para a nosa lingua e sobretodo que veñan da xente de a pé. Vou difundilo entre os meus contactos.

A seguir medrando !!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Lestonnac dixo...

Noraboa polo sitio. Antolóxico! ;) Vimos de publicar un artigo sobre vós no noso blogue.

Un saúdo

Anónimo dixo...

Moitas grazas polo voso traballo

Anónimo dixo...

Que marabilla de traballo! penso utilizalo moito nas miñas aulas. Moitas grazas e un saúdo

anse1000 dixo...

Un traballo magnífico!Grazas.

autor@s dixo...

Grazas @s compañeir@s do IES Fontexería de Muros, ao EDNL do Colexio Lestonnac, a anse1000 e a aos nosos visitantes anónimos, os vosos comentarios sempre nos alegran e animan. Moitas grazas.

Anónimo dixo...

Buscando unos poemas de Álvaro Cunqueiro he dado por pura casualidad con esta página. Me parece una iniciativa interesantísima también para los castellanoparlantes que nos interesamos por la lengua y la literatura gallegas. ¡Moitas Grazas!

Anónimo dixo...

Parabén por este mágnifico traballo e grazas por conmpartilo. Con el achégase a poesía galega ós nenos e nenas e ós profes facilítanos ó traballo.
Grazas.
Teresa. CEIP Graxal

Nuria Nuñez dixo...

Moitas grazas polo traballo, seguides engadindo títulos? Encántame a escolma pero me faltan algúns moi populares: o Moraima de Milladoiro, o famoso Lela de Castelao... Animádevos e continuade co labor.
Unha aperta. Nuria

Déixanos o teu comentario