Unha canción foi prohibida no sur. Álvaro Cunqueiro

Sob as lonas da jaima cheira a menta.
O frautista pasea tocando a carón dos faróis
aliñados nas alfombras.
A frauta imita paxaros que non hai
namentras a bailarina sae ao meio da tenda
empuxada pólas palmas e as voces
que repiten dez ou cen veces o único verso da canción.
—A bailarina tende as mans pintadas
pra coller primeiro e rexeitar despóis
algo que vai e ven pólo áer.
Da roda ás mulleres sae o berro: sriiií!
O príncipe Beiruc inclínase ofrecéndome un vaso
de té.

—E unha canción do norde, marmuria ao meu
ouvido:

"Muller fermosa, pídeme unha cousa de precio"
dí a letra.
Cando a cantaban nas jaimas do sur
os guerreiros do norde soñaban coas suas mulleres
e fuxían na noite, namorados desertores.

Cunqueiro, Álvaro (1980): Herba aquí ou acolá en Obra en galego completa. (Vigo: Galaxia)

César Morán

Sen comentarios

Déixanos o teu comentario