Cantar do camiño claro. Ramiro Fonte

Ven polo camiño claro;
non me veñas pola sombra
Que quero ver os teus pasos
Namorados.

Ven polo camiño certo;
Os camiños do amor
Coma os sendeiros do canto
Débense facer dereitos.

Fonte, Ramiro (1995): Luz do mediodía (A Coruña: Espiral Maior)

Rodrigo Romaní

Sen comentarios

Déixanos o teu comentario