Eu en ti. Celso Emilio Ferreiro

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Versión de A Quenlla
Versión de Uxía
Cristina Pato + Mutenrhoi. nova pestana ou xanela

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Sen dúbida a mellor versión a de Uxía

Anónimo dixo...

A min encantame este poema desde logo sen dúbida ningunha é o mellor de todos os que creou este gran poeta...

Anónimo dixo...

Boto de menos varios, por exemplo, Galicia docemente ... de Manuel María, os soños na gaiola.

Anónimo dixo...

Pero que preciosidade de poema ♥

Mª José Rodríguez Leiro dixo...

Fermosísimo!!

Déixanos o teu comentario