A xusticia pola man. Rosalía de Castro

Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)


Nao
Abe Rábade

9 comentarios:

autor@s dixo...

Grazas a Rodrigo Martín que nos fixo chegar a versión de Nao de A xusticia pola man.

Rodrigo dixo...

Como xa dixen, de nada, sempre é bo compartiren este tipo de cousas =)

Anónimo dixo...

O poema reflexa a dor e a impotencia de quen sufriu unha inxustiza grave no mais querido,quen chega a pasar fame e a quen lle quitan todo.Esa inxustiza ten que ser arreglada pola propia man .Suplica axuda os xuices ,as leis e non hai resposta;sólo se axuda ó que ten máis e a persoa queda desvalida.Antes houbo inxustizas,hoxe igual.Pensamos que canto máis evolucionamos as leis serían mais completas pero a realidade dinos que esto non é asi.
Moitas situacions actuais terían boa resposta neste poema.E duro decir que as leis non respaldan os cidadáns que o necesiten.
Mario Arias López

Miguel dixo...

Quixera saber quen fai as colaboracións neste temazo. É un dos meus preferidos de Nao, e soábame moi a Rosalía a letra. Efectivamente, era súa.
Se alguén sabe as colaboracións, agradeceríao.
Moi boa páxina esta, grazas por tela disponible ;)

Miguel dixo...

Bueno, por se a alguén máis lle interesa quen é a voz feminina que fixo a colaboración da versión musicada de Nao, é Patty, dun grupo chamado Meigha.
Saúde.

Anónimo dixo...

encantame a voz dos cantantes estan xenial esto é un temazo..... anímobos a seguir, teño familiares q tamen teñen discos , pero cantan en plan cantautor porque son actores
enoraboa a todos eeee a seguir con este estupendo blogue.....

Anónimo dixo...

¡Quen no ía dicir que neste século XXI, estar verbas de Rosalía estarían de plena actualidade e que, malia o tempo trancorrido, estarían repito, de plena actualidade, identifícome co texto, no sentido de que desgraciadamente,a xustiza non existe.

IES DE BARRO dixo...

muy bonita esta cancion

Spark Welcosky dixo...

QUELINDO

Déixanos o teu comentario