Canción das tres cucharas. Luís Pimentel

Pra cando M.ª Luisa teña o neno.

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)

Abe Rábade .

Sen comentarios

Déixanos o teu comentario