O genete. Afonso X

O genete
pois remete
seu alfaraz corredor:
estremece
e esmorece
o coteife con pavor.

Vi coteifes orpelados
estar mui mal espantados,
e genetes trosquiados
corrian-nos arredor;
tiinhan-nos mal aficados,
[ca] perdian-na color.

Vi coteifes de gran brio
eno meio do estio
estar tremendo sen frio
ant' os mouros d' Azamor;
e ia-se deles rio
que Auguadalquivir maior.

Vi eu de coteifes azes
con infanções [s]iguazes
mui peores ca rapazes;
e ouveron tal pavor,
que os seus panos d' arrazes
tornaron doutra color.

Vi coteifes con arminhos,
conhecedores de vinhos,
que rapazes dos martinhos,
que non tragian senhor,
sairon aos mesquinhos,
fezeron todo peor.

Vi coteifes e cochões
con mui [mais] longos granhões
que as barvas dos cabrões:
ao son do atambor
os deitavan dos arções
ant' os pees de seu senhor.

Afonso X o Sabio

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).

Versión de Miro Casabella (Voces Ceibes)

1 comentario:

Anónimo dixo...

mui bonita...

Déixanos o teu comentario