O Maio. Manuel Curros Enríquez

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra (Vigo: AS-PG)

Luís Emilio Batallán

14 comentarios:

Miguel dixo...

Ola Xoán, gustoume moito "O Maio" de Batallán, é preciosa. Este blog paréceme unha idea xenial. Agora que aprendo noruego doume conta do bonita que é a nosa lingua.
Bicos.

autor@s dixo...

Grazas, Miguel, polas túas palabras na distancia.

Anónimo dixo...

=)

Anónimo dixo...

A poesia es re linda pero la cancion para mi parecer necesita más entonación. Un saudo.

Anónimo dixo...

moi bonito.

Anónimo dixo...

moi bonita esta canción xD

Anónimo dixo...

bonito poema

Anónimo dixo...

tería que cantar os dous últimos versos

Anónimo dixo...

e moi bonita
:)

Anónimo dixo...

moi bonito :)

Anónimo dixo...

Un poema e unha canción mítica, fermosísima. Curros lémbranos a situación de explotación do pobo galego naquela altura.

Anónimo dixo...

Encántame este blog ,, eu son de Palma de Maiorca e antes non me gustaba o galego pero a medida que o estudo gústame máis bicos

Anónimo dixo...

Moi agradecidos pola túa páxina. Unha idea espléndida.

Anónimo dixo...

e preciosa encantame

Déixanos o teu comentario