No rego do prado. X. M. Álvarez Blázquez


X. M.ª Álvarez Blázquez, Letras galegas 2008

No rego do prado
canta a cotovía
—paxariño amado
que che ben quería—.

No ramo frolido
o merlo a cantar
—paxaro belido
para o teu ollar—.

No verde loureiro
trova o reiseñor
—paxaro lixeiro
para o teu amor.

(A cantar, espantan
os males da pena,
porque todos cantan
para a miña nena).


Álvarez Blázquez, Xosé M.ª (1987). Poesía galega completa. (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Eloi Caldeiro

1 comentario:

pilar dixo...

.../...
que aló do Miño están,
os bos fillos do Luso,
apartados
irmáns
de nos por un destino
envexoso e fatal.
Cos
robustos acentos,
grandes, os chamarás,
!verbo do gran
Camoens
fala de Breogán!

"A Fala" Eduardo Pondal

Un bon dia das Letras Galegas!!!

Pilar

Déixanos o teu comentario