Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro

No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra 
no meio do caminho tinha uma pedra.

CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro (1978): Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

Luís Emilio Batallán
Arredemo

2 comentarios:

IES Pedras Rubias dixo...

Fálovos dende un colexio (como alumno deste),
este poema entrounos nun exame de lingua galega e literatura.
O poema en xeral está bastante ben pero as versións cantadas son un pouco... aburridiñas.
En definitiva... esta ben para poder reflexionar un pouco sobre a época, pero para que entre no exame... (creo q me descontou moitos puntos por culpa del) jejej.

m* dixo...

Para o alumno do IES Pedras Rubias: aínda que isto chegue con tanto atraso que probablemente xa sexas ex-alumno, como nunca é tarde para disfrutar da poesía, busca unha versión que fixo o grupo de rock Astarot. Seguro que non a atopas tan aburrida ;)

Déixanos o teu comentario