Quand' eu hun dia fuy en Compostela. Pedr' Amigo de Sevilha

Quand' eu hun dia fuy en Compostela
en romaria, vi hunha pastor
que, poys fuy nado, nunca vi tan bela,
nen vi outra que falasse milhor,
e demandey-lhe logo seu amor
e fiz por ela esta pastorela.

Dix[i-lh]' eu logo: "Fremosa poncela,
queredes vós min por entendedor,
que vos darey boas toucas d' Estela,
e boas cintas de Rrocamador,
e d' outras doas a vosso sabor,
e ffremoso pano pera gonela?"

E ela disse: "Eu non vos queria
por entendedor, ca nunca vos vi
se non agora, nen vus filharia
doas que sey que non som pera min,
pero cuyd' eu, sse as filhass' assy,
que tal á no mundo a que pesaria.

E, se veess' outra, que lhi diria,
sse me dizesse ca per vós perdi
meu amigu' e doas que me tragia?
Eu non sey rem que lhi dissess' aly;
se non foss' esto de que me tem' i,
non vos dig' ora que o non faria".

Dix' eu: "Pastor, ssodes ben rrazõada,
e pero creede, se vos non pesar,
que non est' oj' outra no mundo nada,
se vós non sodes, que eu sábia amar,
e por aquesto vos venho rrogar
que eu seja voss' ome esta vegada".

E diss' ela, come bem ensinada:
"Por entendedor vos quero filhar,
e, poys for a rromaria acabada,
aqui, d' u sõo natural, do Sar,
cuydo-[m' eu], se me queredes levar,
ir-m' ei vosqu' e fico vossa pagada".

Pedr' Amigo de Sevilha

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).


In Itinere. Grupo de Cámara da Universidade de Santiago.

Sen comentarios

Déixanos o teu comentario