No bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra

A Branca-Petra do Courel

NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

Novoneyra, Uxío (1981): Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Uxía nova pestana ou xanela
Na Virada. Voz, Mª Xosé Villar.

20 comentarios:

Shomars dixo...

Boas! Son unha rapaza que estou buscando alguns poemas de Uxío Novoeyra, e namoreime deles! Este é un dos meus preferidos, xa que ese poema cortiño e curioso é o que o fai tan especial. Moitos saudos da vosa nova amiga Raquel!

autor@s dixo...

Raquel, encantados de terte como nova amiga. Na páxina da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística encontrarás moitas cousas sobre Uxío. Saúdos e grazas.

autor@s dixo...

Uxía prepara un novo traballo sobre versos de Novoneyra. Este é un pequeno adianto que lle agradecemos. Na canción de Uxía aparecen estoutros versos, tamén de Os Eidos:

CANTA o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar.

Eva G. Rei dixo...

Paréceme fermosísimo esta versión de Uxía de "No bicarelo" e gustaríame aproveitalo para unha presentación para o blog da Coordinadora de ENDL de Redondela. Podería baixalo dende aquí en mp3? Non sei como facelo.
Parabéns polo voso traballo: é unha verdadeira xoia.

autor@s dixo...

Grazas Eva, pola visita e polo comentario. Para descargares o audio debes de ir a Subscríbete (no menú superior) e alí encontrarás o feed (a nosa semente) enriquecido con FeedBurner. Despois de cada entrada verás unha ligazón co último arquivo de audio. Para futuras versións podes subscribirte por correo e recibirás un correo electrónico coas novidades do blog e unha ligazón ao arquivo de audio. Un saúdo.

Anónimo dixo...

esta cancion non me gustou porque e moi curta e a musica non me parece alegre

Anónimo dixo...

Desde o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, muitas grazas polo estupendo traballo que facedes.

Anónimo dixo...

e muy repetitivo.. pero está ben...

Anónimo dixo...

no me gustou por mor de que non conta moito

Anónimo dixo...

o moi bonito pero o malo é que é moi curtiño....:)

Anónimo dixo...

É moi fermoso,pero á súa vez moi breve.

Anónimo dixo...

como o poema é moi corto, repítese moito

Anónimo dixo...

e unha poesia moi coñecida e a cancion e a mais fermosa ke oin con poesia. os meus paravens.

Anónimo dixo...

O poema de Uxío Novoneyra é moi curto e moi bonito pero a canción non me agrada nada.

Anónimo dixo...

Paréceme moi curioso

Anónimo dixo...

Moi repetitivo pero divertido

Anónimo dixo...

A ver, o poema está ben, só que é moi curto e, como consecuencia diso, a canción faise repetitiva. De todas formas valoro o traballo destas persoas, porque é unha grande letra e a cantante ten moi boa voz.

Anónimo dixo...

Como se poden ter dúas sensibilidades tan abertamente distintas sobre este precioso poema como as que se mostran nestas dúas interpretaciòns de Uxía e Na Virada? Uxía está tan lonxe da terra que non pode transmitir o que non entende, nin é brasileiro, nin é galego. O poema non é curto, está cheo de mensaxe, só hai que interpretalo, e iso dáo o coñecemento da terra á que foi adicado: O Courel.

Xico dixo...

Ola, veño de atopar este site e fico sorprondido de ver que lle atribuides a Uxía a interpretación do tema. Pois non, a que canta é María Xosé Villar, ex-Muxicas e Na Virada.
Espero que corrixades o erro.
Xico de Carinho, autor da música de "No Bicarelo"

autor@s dixo...

Grazas, Xico, pola túa aportación. Un dos reprodutores de audio non funcionaba correctamente, resultaba confusa a información. Realmente recollemos dúas versións do poema de Uxío: a versión de Na Virada (engadimos a túa precisión: voz de María Xosé Villar) e a versión de Uxía que incluíu no seu traballo Meu canto co título "o cuco a cantar".

Déixanos o teu comentario