Vai polo monte o camiño. Uxío Novoneyra

VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
i as poxas do taramouco.

Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.

Eu non sein pra onde vai
méntral' o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando...

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Suso Vaamonde (1997)

3 comentarios:

El ave peregrina dixo...

Fermoso este poema de Uxío Novoneyra. Eu engadolle:

Tódolos camiños cruzan
mentres nós imos arando...
o senlleiro do destino
que aló arriba, esta esperando.

Unha aperta.

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dixo...

Descubrín hoxe este blog, nun día no que me facía falla algo así...

Grazas e adiante!

Amara dixo...

Gran idea a deste blog! Está ben ter a nosa literatura musicada!

Gracias e a seguir así!

Déixanos o teu comentario