A dona que eu am'e tenho por senhor. Bernal de Bonaval

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.
 
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.


Pena, Xosé Ramón (1986), Literatura galega medieval, T. II Antoloxía (Barcelona: Sotelo Blanco

Amancio Prada (1980)

5 comentarios:

Rita Más Ybañez dixo...

cal é o disco de Amancio Prada no que aparece A dona que eu am'e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for ...?

moitas grazas
Rita. Enderezo: mrmas@udc.es

Anónimo dixo...

Rita, o álbum de Amancio Prada onde está a cantiga de Bernal de Bonaval é Lelia Doura. De todas as formas, no reprodutor de audio da esquerda, hai unha ligazón con información sobre os/as intérpretes e, sempre que é posible, do "disco" de onde tomamos a canción. A ligazón está nese pequeno trianguliño branco sobre un círculo negro que aparece ao final de case todas as pistas. En ocasións, con resolucións de pantalla inferiores a 1024X, non aparece porque o reprodutor fica cortado. No caso de A Dona que eu amo, seguindo a ligazón chegarías á paxina persoal de Amancio Prada e ao seu disco Lelia Doura.
Grazas pola túa visita.

Anónimo dixo...

Parabéns polo voso traballo.

IES de Curtis

Anónimo dixo...

este blog esta moi ben organizado polas remoderacións de cada vez!!felicidades por esta páxina tan magnifica!atentamente as alumnas do i.e.s urbano lugrís de malpica de bergantiños!un saudo

Anónimo dixo...

Grazas polo voso magnífico traballo. Ideas así manteñen viva e fan máis amena a poesía para o noso alumnado.

IES Primeiro de Marzo, Baiona

Déixanos o teu comentario