Pois naci nunca vi Amor*. Nuno Fernandez (Torneol?)

Pois naci nunca vi Amor,
e ouço d'el sempre falar.
Pero sei que me quer matar,
mais rogarei a mia senhor
que me mostr'aquel matador,
ou que m'ampare d'el melhor.

Pero nunca lh'eu fige ren
por que m'el aja de matar,
mais quer'eu mia senhor rogar,
polo gran med'en que me ten,
que me mostr'aquel matador,
ou que m'ampare d'el melhor.

Nunca me lh'eu amparei,
se m'ela d'el non ampar;
mais quer'eu mia senhor rogar,
polo gran medo que d'el ei,
que me mostr'aquel matador,
ou que m'ampare d'el melhor.

E pois Amor á sobre min
de me matar tan gran poder,
e eu non o posso veer,
rogarei mia senhor assi
que me mostr'aquel matador,
ou que m'ampare d'el melhor.

Nuno Fernandez (Torneol?)

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).


Legião Urbana
*A mítica banda de rock brasileira Legião Urbana (1982-1996) ponlle música á primeira estrofa desta cantiga de Nuno Fernandez (Torneol?) na canción "Love Song" do seu disco V (1991)

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Con esta canción se me han hecho los sueños realidad.:)

Anónimo dixo...

Pena de faceren só a primeira cobra.

Anónimo dixo...

Luiz Carlos Souza - Brasil... Todas as referências ao Povo Lusitano e, por que não ao povo de Castella, de España.
Todos os Louros a vós.
Obra-Prima.

Déixanos o teu comentario