Ule esta hora como cando regresas. Ana Romaní

Ule esta hora como cando regresas
e soño eguas agallopando na mar brava.
Este sangue derrámase como auga
sobre o cemento no outono e ule
ó rastro que deixan os paxaros
cando fuxen en solpores de espada.
Así rasga a túa presencia,
e fágome sal e pranto.
Ule esta tarde como cando marchas
e levas contigo as miradas brancas,
as singraduras dos dedos na ternura.

Así, sen ti,
fica o mar tan tristemente en calma,
e eu canto.

Romaní, Ana (1994): Das últimas mareas. (A Coruña: Espiral Maior poesía)

Rodrigo Romaní (2000) nova pestana ou xanela

1 comentario:

Anónimo dixo...

preciosa

Déixanos o teu comentario