As froliñas dos toxos. A. Noriega Varela

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamánte-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1994): Antonio Noriega Varela. Estudo e edición da obra completa. (Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de publicacións)


Laura Alonso

3 comentarios:

María dixo...

Bo traballo!

carmen penim dixo...

marabillosa interpretación

Anónimo dixo...

Este poema reflicte perfectamente a corrente franciscana, xa que se mergulla completamente na paisaxe para fixarse nas floriñas dos toxos. Gústame o poema porque me sinto identificada coa idea de Noriega de alabar as cousas pequenas e infravaloradas

Déixanos o teu comentario