Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.
Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d' o horizonte
Este oucéano desatracóu d'as costas
e os ventos d' a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d' unha singladura
N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito
Fume de pipaSaudade
NoiteSilenzoFrío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.
Manuel Antonio (1993) Poesía galega completa. Barcelona: Sotelo Blanco Edicións.
Milladoiro
SÓS. Manuel Antonio
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
16 comentarios:
Esta canción non me gusta nada!
foi unha canción moi bonita e relaxante, tamén foi un ritmo moi axeitado para este fermoso poema.
:)
muy bonito poema
y junto con la cancion precioso
o terceiro párrafo tiña que ir despois do cuarto.
Este poema e moi bonnito, tanto a musica como o poema en si
muy bonita cancion
y junto con la cancion precioso
o grupo milladoiro soubo adaptar este poema a unha música chea de encanto e sentimento.
moi bonito!
Un poema extraordinario de M. Antonio, e unha voz marabillosa...
o poema de Manuel Antonio é moi bonito...precioso
O grupo milladoiro adaptou moi ben a música ao poema.É unha canción moi relaxante.
que relax!
que bonitaaa que preciosidad!!
ei moi triste porque fala da soidade no me gusta por culpa de que ao ser tan triste pois no me agrada moito......
esta canción non me gusta porque e unha cancion triste
¡Parabéns! Gústame moito ista páxina. Poidense pasar nela horas e mais horas...¡Ë unha ledicia!
Gústame
Déixanos o teu comentario