¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!
Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.
¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!
Xa o fato de caciques,
Iadróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.
Ramón Cabanillas (1979) Obras completas, I (Madrid: Akal Editor)
Xenreira (1997)
Miro Casabella (1977)
Xerardo Moscoso (1977)
Acción Gallega (Hino). Ramón Cabanillas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 comentarios:
Fermoso poema de Ramón Cabanillas, loitador nato dos nosos dereitos, de unha Galicia sin asoballos,reivindicando así o orgullo galego. ¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!
Un agarimoso saúdo.
Expresa a liberdade de Galicia e tamén moita alegría!!
este poema é moi bonito, que reinvindica a Galicia revolucionaria, que nos defende...ten moito ritmo...deféndenos a nós os galegos
reibindicación do galego... forza galicia!!!:)
encántame.... convidanos os galegos a loitar polo noso...
este poema e moi fermoso e a vez fai que os galegos estemos xuntos para defender a galiza.
Gran loitador polos galegos,que se opón á escravitude!Galegos arriba!
Támen Nao fixo unha versión deste poema...
https://www.youtube.com/watch?v=SCb9w0tzM7U
Boas, botándolle unha ollada a páxina, a cal por certo é magnífica, decateime de máis xente falou dunha versión do grupo "Nao" deste mesmo poema, coido que sería bo incorporalo.
Todo un ghrande iste cabanillas
Este poema, dotado dunha sobriedade e unha sinxeleza moi propias de Ramón Cabanillas, exponnos dunha forma moi directa a necesidade galega de loitar pola liberdade, deixando atrás a escravitude exercida polo Estado español dende hai moitas décadas. Convida, cunha linguaxe simple e adecuada, ó levantamento da sociedade galega contra as inxustizas ás que está sometida.
Na miña humilde opinión, unha verdadeira oda á liberdade do noso pobo e unha magnífica forma de tomar conciencia sobre o noso futuro.
Respecto á música, o poema mostra ser todo un himno do noso pobo e, por iso, debería ser adecuado musicalmente como tal, cunha música máis forte, entusiasta e incitadora, para concienciar ás nosas xentes do problema que está presente entre as nosas pequenas fronteiras
Déixanos o teu comentario