A fala. Manuel María

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)

Roi Casal. En
Milladoiro

15 comentarios:

Anónimo dixo...

De todo o poema quedome co seguinte:

-O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Éncantame, é moi bonito.)

Anónimo dixo...

tiñan ke poñer unha cancion bonita para acompañar a poesia.

Anónimo dixo...

mola

Anónimo dixo...

(millóns de aplausos)

Anónimo dixo...

Eu estaba buscando un poema fácil para ler na clase de Galego, e buscar a temática, o movemento literario, e esas cousas. E creo que atopei o que buscaba. Fácil de entender, sen complicacións, simplemente perfecto.

Anónimo dixo...

Os que renegan da nosa lingua nons saben o que perden o non amar e falar galego. Levo case anos en Madrid e só son eu cando falo galego

Anónimo dixo...

Precioso poema sobre o galego

Anónimo dixo...

Muita razon o Qu pasa estuvo tant tempo renegado que penso que ai muita xente Qu no no sabemos un a perda grande

Viva a nosa li

Anónimo dixo...

E moibonito.Viva a nosa lingua!

Anónimo dixo...

Moitas grazas

Anónimo dixo...

Encantoume e moi bonita de verdade❤❤👍👍👍👍👍👍👍👍💖💕

Anónimo dixo...

Manuel María, con este poema ten que estar no olimpo das deidades galegas

Anónimo dixo...

Eu vin o outro día un mural no Paseo Marítimo da Coruña, pintado por un grafiteiro, e gustóume moito o que leín:" Galicia somos nos, a xente e máis a fala. Si buscas a Galicia, en tí tes que atopala".

Coral Novos Aires de Nigran dixo...

A Coral Polifónica de Nigrán presentará o vindeiro mes de novembro nunha actuación na igresia de María Auxiliadora de Vigo a canción de este poema a que lle puso música o seu director Xosé Oliveira. Precioso!!! non o perdades

Pedro Larrauri dixo...

Lo que une y hermana es la comunicación y el amor, la lengua, no un idioma concreto.
Cuando se aplican las ideas de esa poesía a una lengua concreta se está cayendo en la ideología, el patriotismo o la religión / idolatría... Entonces esas ideas atan y separan. No unen.
Y además entonces este texto es una ofensa a los mudos, que no hablan. Políticamente incorrecto, y discriminatorio.

Déixanos o teu comentario