Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010
—FIANDEIRIÑA delgadasempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.
—Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.
—Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.
Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)
Pilocha (1978)
Miro Casabella (2004)
5 comentarios:
Penso que todos nos o longo do camiño...aprendemos e discerninos...e tamén nos namoramos.
Quédome con:
" Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando."
Unha aperta.
¿cal é o significado deste poema?
Anónimo: Uxío Novoneyra é o poeta do Courel e das súas xentes. Recolle aquí unha tradición popular, a de fiar.
No poema dialogan, a modo de regueifa, unha moza fiandeira e un mozo que acaba confesando o seu amor por ela.
esta cancion é moi triste :C
gustoume.. e dame trankilidade...:)
Déixanos o teu comentario