N-unha pupila azuada
Vin tremer a Amor-meniño:
era sobr' a frol d' o liño
Unha bágua d' a Rosada,
Coma un amante a unha amada,
Amor etérmo -¡quimeira!-
Xurou â frol d' a liñeira
A lágrima d' a orvallada.
Mais... d' a Aurora ô crarexar,
Eis qu' o Fado separar
Quixo o que Diós axuntara:
A frol d' o liño esfollouse...
E a lagrimiña tornouse
Aos ceios, donde morara...
Iglesia Alvariño, Aquilino (1986), Señardá en Poesía Galega Completa (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)
Batital (2010) En
Amor. Aquilino Iglesia Alvariño
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentarios:
Grazas Mar, por decubrirnos Batital.
Gracias Mar,polo maravilloso blog. Animamos aos grupos galegos a que lle den música aos fermosos poemas que temos na nosa terra.Apertas a todos.
oooooo k bonito e este poema encantame e a musica e oreciosa enorabuena;)
moi fermoso
Parabéns por esta fabulosa páxina!!!!
Déixanos o teu comentario