Miniñas da Cruña,
d' amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade gallego.
Cand’ é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.
Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade gallego.
Pondal, Eduardo (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)
María Manuela (1977)
Falade gallego. Eduardo Pondal
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentarios:
a cancion non coincide coa letra
Anonimo: observa que non reproducimos "as letras das cancións" senón o poema que despois versionan os diferentes intérpretes. Grazas pola túa visita e polo comentario.
Eu coñecía este poema pero sempre pensei que era de Rosalía de Castro. Grazas por todo.
Déixanos o teu comentario