Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia
Xoán Rubia
A Rosalía. Manuel Curros Enríquez
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentarios:
Temos un agasallo para Son de poetas.
Saúdos.
Grazas a Revolta da freixa polo blogue e polo agasallo
Gústame moito este blog. Descubrino por casualidade buscando poemas xa que dei galego este ano na Universidade de Alacante.
Un saúdo dunha alacantina!
Bonito blog !
Vivo moi loxe da terra. Non os podo poñer con xente, porque choro
Noraboa! É fantástico e moi completo. Levaba un tempiño sen poder entrar porque non me deixaba e dábame moita mágoa. Ademais gústame que tamén haxa poemas cantados por meu irmán Suso.
Apertas
non me gustou
Déixanos o teu comentario