Luís Seoane (1910-1979)
Na Galiza, ise vello pobo,carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de Iabel.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.
Seoane, Luís (1990), Poesía completa, 2. As cicatrices. A maior abondamento (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)
A Quenlla (1990). Adaptación de Manuel María.
2 comentarios:
Gustame moito esta cancion
Grazas polo poema, necesitaba un fragmento de Luis Seoane para o meu traballo, bo aporte
Déixanos o teu comentario