Abadessa, oí dizer
que érades mui sabedor
de todo ben; e, por amor
de Deus, querede-vos doer
de min, que hogano casei,
que ben vos juro que non sei
máis que un asno de foder.
Ca me fazen en sabedor
de vós que avedes bon sen
de foder e de todo ben;
ensinade-me mais, senhor,
como foda, ca o non sei,
nen padre nen madre non ei
que m' ensin', e fiqu' i pastor.
E se eu ensinado vou
de vós, senhor, deste mester
de foder e foder souber
per vós, que me Deus aparou,
cada que per foder, direi
Pater Noster e enmentarei
a alma de quen m' ensinou.
E per i podedes gaar,
mia senhor, o reino de Deus:
per ensinar os pobres seus
mais ca por outro jajũar,
e per ensinar a molher
coitada, que a vós veer,
senhor, que non souber ambrar.
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia.
Xurxo Romaní (zanfona), Koichi Tanehashi (guitarra)
Abadessa, oí dizer. Afons' Eanes do Coton
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sen comentarios
Déixanos o teu comentario