Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.
xullo, 95
Lois Pereiro (1995), Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Santiago de Compostela: Edicións Positivas)
Alexandro González e Uxía Senlle (2009)
Contra a morte o amor que vai comigo. Lois Pereiro
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentario:
A música e moi fermosa
Déixanos o teu comentario