Unha vez tiven un cravo. Rosalía de Castro

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinqueino,
mais…¿quen pensara…? Despois
xa non sentin máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Maite Dono (1998)
Emilio Cao (1986)

5 comentarios:

Anónimo dixo...

esta paxina esta moi ben ,sobre todo por poder escoitar os poemas.

Anónimo dixo...

Grazas por compartir

@j2pa dixo...

Grazas pola achega. Grazas polo esforzo q supón

Anónimo dixo...

Precisabao pra un traballo, grazas.

Anónimo dixo...

Necesitabámolo para un traballo, moitas grazas.

Déixanos o teu comentario