Levóus' a louçana, levóus' a velida,
vai lavar cabelos na fontana fría,
leda dos amores, dos amores leda.
Levóus' a velida, levóus' a louçana,
vai lavar cabelos na fría fontana,
leda dos amores, dos amores leda.
Vai lavar cabelos na fontana fría,
passou seu amigo que lhi ben quería,
leda dos amores, dos amores leda.
Vai lavar cabelos na fría fontana,
passa seu amigo que muit' a amava,
leda dos amores, dos amores leda.
Passa seu amigo que lhi ben quería,
o cervo do monte a auga volvía,
leda dos amores, dos amores leda.
Passa seu amigo que a muito amava
o cervo do monte volvía a augua,
leda dos amores, dos amores leda.
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia
Doa (2011)
Paulina Ceremużyńska (2006)
| ▼ |
Levóus' a louçana, levóus' a velida. Pero Meogo |
| ▼ |
Sedia-m’ eu na ermida de San Simión. Meendinho |
Sedia-m’ eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi-as ondas que grandes son.
Eu atendend’ o meu amigu’! E verrá?
Estando na ermida, ant’ o altar,
cercaron-mi-as ondas grandes do mar.
Eu atenden[d’o meu amigu’! E verrá?]
E cercaron-mi-as ondas que grandes son:
non ei [i] barqueiro nen remador.
Eu [atendend’o meu amigu’! E verrá?]
E cercaron-mi-as ondas do alto mar:
non ei [i] barqueiro nen sei remar.
Eu aten[dend’o meu amigu’! E verrá?]
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei [eu], fremosa, no mar maior.
Eu aten[dend’o meu amigu’! E verrá?]
Non ei [i] barqueiro nen sei remar:
morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Eu [atendend’o meu amigu’! E verrá?]
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
Versión de Los Watios. En
Pedro Barroso
| ▼ |
Digades, filha, mia filha velida. Pero Meogo |
-"Digades, filha, mia filha velida,
porque tardastes na fontana fría?".
-"Os amores ei".
-"Digades, filha, mia filha louçana,
porque tardastes na fría fontana?".
-"Os amores ei".
-"Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os amores ei.
Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían a augua.
Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amigo,
nunca vi cervo que volvess' o río".
-"Os amores ei".
-"Mentís, mia filha, mentís por amado,
nunca vi cervo que volvess' o alto".
-"Os amores ei".
Brea, Mercedes (dir.) (1996), Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
Adaptación, versión, melodía: Socorro Lira. Con Cida Moreira.
| ▼ |
Mia irmana fremosa, treydes comigo. Martin Codax |
Mia irmana fremosa, treydes comigo
a la igreja de Vig’, u é o mar salido:
E miraremos las ondas!
Mia irmana fremosa, treydes de grado
a la igreja de Vig’, u é o mar levado:
E miraremos las ondas!
A la igreja de Vig’, u é o mar levado,
e verrá i mia madre e o meu amigo:
E miraremos las ondas!
A la igreja de Vig’, u é o mar salido,
e verrá i mia madre e o meu amado:
E miraremos las ondas!
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
In itinere (Grupo de Cámara da Universidade de Santiago) Director, Carlos Villanueva
| ▼ |
Mandad’ ey comigo. Martin Codax |
Mandad’ ey comigo
ca ven meu amigo:
E irey, madr’, a Vigo!
Comigu’ ey mandado
ca ven meu amado:
E irey, madr’, a Vigo!
Ca ven meu amigo
e ven san’ e vivo:
E irey, madr’, a Vigo!
Ca ven meu amado
e ven viv’ e sano:
E irey, madr’, a Vigo!
Ca ven san’ e vivo
e d’ el-rey amigo:
E irey, madr’, a Vigo!
Ca ven viv’ e sano
e d’ el-rey privado:
E irey, madr’, a Vigo!
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
In itinere (Grupo de Cámara da Universidade de Santiago) Director, Carlos Villanueva
| ▼ |
Ay Deus, se sab’ ora meu amigo. Martin Codax |
Ay Deus, se sab’ ora meu amigo
com’ eu senheyra estou em Vigo!
E vou namorada!
Ay Deus, se sab’ ora meu amado
com’ eu en Vigo senheyra manho!
E vou namorada!
Com’ eu senheyra estou em Vigo,
e nulhas gardas non ey comigo!
E vou namorada!
Com’ eu en Vigo senheyra manho,
e nulhas gardas migo non trago!
E vou namorada!
E nulhas gardas non ey comigo,
ergas meus olhos que choran migo!
E vou namorada!
E nulhas gardas migo non trago,
ergas meus olhos que choran ambos!
E vou namorada!
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
In itinere (Grupo de Cámara da Universidade de Santiago) Director, Carlos Villanueva
| ▼ |
Ay ondas, que eu vin veer. Martin Codax |
Ay ondas, que eu vin veer,
se me saberedes dizer
porque tarda meu amigo
sen min?
Ay ondas, que eu vin mirar,
se me saberedes contar
porque tarda meu amigo
sen min?
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
Carlos Beceiro
Manuel Pedro Ferreira. Helena Afonso e José Peixoto (intérpretes)
| ▼ |
Quantas sabedes amar amigo. Martin Codax |
Quantas sabedes amar amigo
treydes comig’ a lo mar de Vigo:
E banhar-nos-emos nas ondas!
Quantas sabedes amar amado
treydes comig’ a lo mar levado:
E banhar-nos-emos nas ondas!
Treydes comig’ a lo mar de Vigo
e veeremo' lo meu amigo:
E banhar-nos-emos nas ondas!
Treydes comig’ a lo mar levado
e veeremo' lo meu amado:
E banhar-nos-emos nas ondas!
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
Manuel Pedro Ferreira. Helena Afonso e José Peixoto (intérpretes)
| ▼ |
A Santiagu' en romaria ven. Airas Nunez |
A Santiagu' en romaria ven
el-rei, madr' , e praz-me de coraçon
por duas cousas, se Deus me perdon,
en que teño que me faz Deus gran ben:
ca ve[e]rei el-rei, que nunca vi,
e meu amigo que ven con el i.
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Lietarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
"Martin Codax" Grupo de Música Antiga de Compostela.
| ▼ |
Eno sagrado, en Vigo. Martin Codax |
Paulina Ceremużyńska. Melodía: Zofia Dowgiatto
| ▼ |
Fostes, filha, eno bailar. Pero Meogo |
Fostes, filha, eno bailar
e rompestes í o brial.
Pois o namorado í ven
esta fonte seguídea ben,
pois o namorado í ven.
Fostes, filha, eno loir
e rompestes í o vestir.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.
E rompestes í o brial
que fezestes ao meu pesar.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.
E rompestes í o vestir
que fezestes a pesar de min.
Poilo cervo í ven
esta fonte seguídea ben,
poilo cervo í ven.
Pero Meogo (Probablemente xograr galego activo durante a segunda metade do século XIII)
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
Paulina Ceremużyńska. Melodía: contrafactum da CSM 276
| ▼ |
Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia. Juião Bolseiro |
Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia
por mi, porque as non dórmio, e por que as non fazia
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?
Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada!
e, de como son sobejas, quisera-m' outra vegada
no tempo que meu amigo
soia falar comigo.
Porque as fez Deus tan grandes sen mesura desiguaes
e as eu dormir non posso, porque as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
Uxía Senlle
| ▼ |
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas. Airas Nunez |
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d' estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d'estas avelanas
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.
Airas Nunez (compuxo as súas cantigas na corte de Sancho IV, no período que decorre entre 1284 e 1289)
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
Miro Casabella
| ▼ |
Fui eu, madr', en romaria a Faro con meu amigo. Johan de Requeixo |
Fui eu, madr', en romaria a Faro con meu amigo
e venho d' el namorada por quanto falou comigo.
ca mi xurou que morriapor mi; tal ben mi quería!
Leda venho da ermida e d' esta vez leda serei,
ca falei con meu amigo, que sempre [muito] desexei,
ca mi xurou que morriapor mi; tal ben mi quería!
Du m' eu vi con meu amigo vin leda, se Deus mi perdón,
ca nunca lhi cuid' a mentir por quanto m'ele diss' enton,
ca mi xurou que morriapor mi; tal ben mi quería!
Johan de Requeixo (finais do s. XIII ?)
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia)
Fuxan Os Ventos
| ▼ |
Ondas do mar de Vigo. Martin Codax |
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus! se verrá cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus! se verrá cedo?
Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E ai Deus! se verrá cedo?
CODAX, Martín, Martín Codax. Cantigas. Vigo, Editorial Galaxia, 1998.
Grupo de Música Antigua Martín Códax Voz solista: Ana Sánchez.


