Levóus' a louçana, levóus' a velida. Pero Meogo

Levóus' a louçana, levóus' a velida,
vai lavar cabelos na fontana fría,
leda dos amores, dos amores leda.

Levóus' a velida, levóus' a louçana,
vai lavar cabelos na fría fontana,
leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fría,
passou seu amigo que lhi ben quería,
leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fría fontana,
passa seu amigo que muit' a amava,
leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que lhi ben quería,
o cervo do monte a auga volvía,
leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo que a muito amava
o cervo do monte volvía a augua,
leda dos amores, dos amores leda.


Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia

Doa (2011)
Paulina Ceremużyńska (2006)

Sen comentarios

Déixanos o teu comentario