Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia. Juião Bolseiro

Aquestas noites tan longas que Deus fez en grave dia
por mi, porque as non dórmio, e por que as non fazia
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?

Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada!
e, de como son sobejas, quisera-m' outra vegada
no tempo que meu amigo
soia falar comigo.

Porque as fez Deus tan grandes sen mesura desiguaes
e as eu dormir non posso, porque as non fez ataes
no tempo que meu amigo
soia falar comigo?

Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).

Uxía Senlle

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Existe unha versión desta cantiga interpretada por un grupo checo chamado Braagas. Penso que igual tamén podiades incluíla aquí.
Podedes escoitalo aquí:
http://www.goear.com/listen/1609f7c/01-aquestas-noites-galician-song-braagas

autor@s dixo...

Moitas grazas pola suxestión. Un grupo moi interesante con moitas conexións co galego.

Déixanos o teu comentario