Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca

Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)

Versión de Carlos Díaz nova pestana ou xanela


Luar Na Lubre


En

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Non me canso de escoitar esta canción na versión de Carlos Díaz. É tan fermosa...

Jazz dixo...

Se a cidade de Santiago puidera escoita-la versión de Carlos Díaz namoraríase.

Déixanos o teu comentario